A presentación en Vigo de Non temos medo, de Rodri Suárez mais a proxección do vídeo “Deitado fronte ao mar”, de Xosé Antón Bocixa e C. Gende Beat, será a desculpa que nos xuntará, no espazo da libraría Cartabón de Vigo, ao autor do libro, Xurxo Souto, Fran Alonso, Luís Ferreiro, Os Diplomáticos de Monte Alto presentes e quen isto escribe para falar das dúas prinicipais ciudades galegas, do bravú, da música e da literatura e tamén de Celso Emilio Ferreiro, que tanto simboliza no mundo da literatura e da música de noso.
Van ser moitas cousas: música, imaxes, literatura e paixón ás mancheas. Non é difícil conxecturar que nos vai arder o peito este xoves a moitas persoas, de Lavadores ao Berbés, de Teis a Bouzas, pasando polos Choróns, claro é. Estades todas e todos convidados.