Días de Cuba
Galaxia, Vigo, 412 páxinas, 27 €
Máis de trinta anos vividos en Cuba, con Anisia Miranda, fan agromar, desde as instancias da memoria, este libro de Neira Vilas. Velaquí, por xunto, unha indispensable fonte de datos e vivencias, un reencontro emocionado co pasado que revela os oficios desempeñados e as amizades literarias (Guillén, Carpentier…), que exhuma cartas dirixidas a Luís Seoane e onde se engaden retratos de personaxes históricos que Neira tratou como Martí, Che Guevara ou Castro. Unha sorte contar con achegas desta entidade. Que veñan máis.
Esta recensión, baixo o título de “Reencontro emocionado” publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 20 de xuño de 2014.