Canute Frankson (da Brigada Abraham Lincoln): "Sabemos quen son os nosos inimigos" (abril 1937)

Lin, de xeito casual esta mesma semana, unha acendida resposta de Rafael Narbona a Pérez Reverte por mor dunhas declaracións deste último sobre o papel das Brigadas Internacionais na Guerra Civil española. Tamén casualmente dei na rede cun apuntamento en Letters of Note no que se incorporaba unha carta de Canute Frankson, un mecánico xamaicano que decide abandonar Detroit, a cidade na que vivía, para alistarse na Brigada Abraham Lincoln que actuou na Guerra Civil Española. Non foi o seu, abofé, o único caso.

         A carta, redactada en abril de 1939 desde Albacete, aos tres meses de chegar á península, permite coñecer de primeira man tanto as dimensións do conflito como a visión persoal de Frankson sobre a súa presenza na guerra civil, deitando consideracións moi lúcidas sobre as súas vivencias, entre elas o convencemento de que a súa actuación, xunto coa doutros membros da Brigada, resultaba precisa para a conservación da democracia, asumindo que era o fascismo o obxectivo a derrotar.

    A devandita carta, en inglés, pódese consultar aquí e pertence ao libro Madrid 1937: Letters of the Abraham Lincoln Brigade From the Spanish Civil War reeditado en Routledge en 2013 que, ao que puiden ver, contén testemuños conmovedores que invalidan acreditar que a Guerra Civil foi un capricho da historia.

2 Comments

  1. Dende hai un par de anos estou a taballar nun guión de BD sobre a época do 1936-39. Será unja historia que se desenvolví no condado tras o encontró casual de dúas personases, unha delas é un activista gallego, ferreiro de profisión e represaliado. O outro é un brigadiera negro, mecánico da Packard en Detroit, que feito prosioneiro é devolto aos USA polo porto de Vigo. Ambos atópanse no chasis dun Ford e alí comparten experiencias baixo os canóns asustadores das armas dos fascistas que os vixían. Levo estes anos lendo moitísimo das BI, sobre todo da Lincoln, milicianos de cor e dos seus motivos para vir a esta guerra. Venho de seguir o rasto de Canute e din co teu blog, esta persoa é a figura real da personaxe que eu introducirei na minha historia.

    1. Que casualidade, prezado Alfredo. O argumento é ben saboroso e de certo que será un traballo estupendo. Xa devezo por lelo, e por toparme con Canute!!!! Apertas fortes!!!

Os comentarios están pechados.