Columnas de papel 2, de Xosé Vázquez Pintor

Xosé Vázquez Pintor

Columnas de papel 2

Edicións Morgante, Cangas do Morrazo, 2014, 362 páxinas, 20 €

 

Velaquí unha nova escolma dos artigos que Vázquez Pintor foi deixando en diversos medios, o que posibilita unha maior difusión e unha lectura globalizada deles. Léase como libro de memorias ou crónica de boa parte do ocorrido entre 1993 e 2012, facilita  evocar acontecementos do mundo dos libros, da lingua, da sociedade ou da política; permite lembrarse, igualmente, de persoas do común e de personaxes sobranceiros. Todas elas visións perdurables pois nelas fai acenos ao que a vida, acotío, é quen de ofrecer.

Esta recensión viu a luz nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 27 de xuño de 2014, baixo o título de “Acenos á vida”.