Hai uns días ocupeime nun apuntamento da presentación do libro Non temos medo, de Rodri Suárez, que se celebrou o pasado 26 de xuño na Libraría Cartabón de Vigo, onde tamén houbo palabras e música para celebrar o percorrido de vinte anos do nacemento deste movemento musical, e tamén literario, baixo o acobillo dos versos do “Deitado frente ao mar” de Celso Emilio Ferreiro. Por cortesía de Maribel Tato e Gonzalo Pérez, e tamén de José Goris -responsable da gravación e montaxe deste documento audiovisual-, velaquí o vídeo que condensa, en vinte minutos, parte do que alí aconteceu. Un pracer compartir ese serán con Xurxo Souto, Rodri Suárez, Fran Alonso, Luís Ferreiro, os devanditos Maribel, Gonzalo e José e mais un abondoso grupo de persoas que nos acompañaron.