Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

70 anos do "Sempre en Galiza"

Malia ser no mes de marzo cando cadrou o aniversario da publicación do Sempre en Galiza é hoxe cando se conmemora, coa celebración de diversos actos institucionais,  a  súa presentación no Prince George Hall de Bos Aires, en xullo de 1944. Manifestar con brevidade algo novo, nin sequera minimamente orixinal, sobre un dos libros claves do noso século XX probablemente careza de sentido. Por esta razón a achega que fai o “Caderno da crítica” á efeméride é testemuñal, incorporando a reprodución do exemplar do Sempre en Galiza que, en xullo de 1968, membros da “Irmandade Galega” agasallaron a Celso Emilio Ferreiro por mor da súa visita a Bos Aires  (cortesía da Fundación Celso Emilio Ferreiro).  Hoxe máis que nunca sempre Sempre en Galiza.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: