Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero

Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo

Xerais, Vigo, 96 páxinas, 10 €

 

Devorei este libro hai xa anos, nalgunha das súas edicións de Akal. Non podo ocultar que moito me influíu a súa lectura, talvez porque nel se falaba “libremente” da cultura, da lingua galega e do ensino, da literatura e da política. Con el inaugurouse un xénero pouco transitado como é o das biografías apócrifas, condensando unha estética que, desde as instancias do pensamento crítico, pula por ampliar os espazos necesarios do compromiso e a solidariedade. Onte como hoxe as súas páxinas parécenme de inequívoca actualidade.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 4 de xullo de 2014, baixo o título de “Pedro Petouto fala libremente”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: