Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Sophia de Mello Breyner Andresen (evocacións, un poema e documental)

Non son quen de precisar se Sophia de Mello pasou polas aulas da antiga Filoloxía da Praza de Mazarelos aló polo curso 1988-89 para impartir unha conferencia. Lembro  as intervencións, no seo dun magnífico ciclo de escritoras e escritores portugueses que organizara Pilar Vázquez Cuesta, de José Saramago, Agustina Bessa-Luís e Lídia Jorge. Coido que tamén Sophia de Mello, pero non o podería asegurar. Algún tempo despois, no ano 2000, pretendía desprazarse a Compostela para recibir o premio “Rosalía de Castro” organizado polo PEN Club de Galicia, pero non asistiu por mor dunha doenza. Descoñezo se, talvez, naquela visita supostamente realizada a finais dos oitenta ou noutra viaxe calquera nacería o poema “São Tiago de Compostela”:

Assim pudesse o poema
Como a pedra esculpida
Do pórtico antigo
Ter em si própria a mesma
Compacta alegria
Cereal claridade

Ante o voo da ave
Do espírito que ergue
Os pilares da nave

        Sirva todo isto porque me decatei que van xa dez anos da morte desta autora tan sedutora que deixou dito “eu posso dizer que escrevo para transformar o mundo. Eu penso que a poesia deve transformar o mundo!” e porque dei casualmente cun fascinante documental, producido e realizado por Panavideo para a RTP 2, cuxa visión recomendo ás persoas que lles interese.

Advertisements

2 comentarios en “Sophia de Mello Breyner Andresen (evocacións, un poema e documental)

  1. susarins
    7 Xullo 2014

    obrigada!

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: