Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás
A escritora Eli Ríos manifestaba hai poucos días, ao final dunha entrevista neste mesmo espazo, a súa valoración sobre a actividade crítica que desenvolve, xunto con outras voces, precisamente n´A sega.
Persoalmente sigo desde o primeiro día con especial atención os apuntamentos que se van dando a coñecer desde as páxinas da plataforma de crítica literaria A Sega pois en moitas ocasións iluminan camiños, e libros, con lecturas e interpretacións que redescobren ángulos e perspectivas das que, particularmente, sempre aprendo. Por esta razón non me estraña a fantástica iniciativa que as segadoras botan a andar, isto é, a celebración do I Día das Galegas nas Letras, dedicado á figura esquecida e silenciada de Dorothé Schubarth e que se celebrará o vindeiro 15 de agosto. Moitos parabéns por esta decisión que se fai pública, ademais, nun momento tan preciso.
Os comentarios están pechados.
Pingback: «Romaría das Letras» | Caderno da crítica