Manuscritos: María do Carme Kruckenberg (e III)

Dedicáronse aquí dous apuntamentos anteriores  a senllos manuscritos de María do Carme Kruckenberg. Péchase hoxe esta serie con dúas composicións poéticas máis pertencentes a dous libros diferentes da mesma autora: a superior publicouse orixinalmente n´A sombra ergueita  (Edicións Castrelos, 1976) e a inferior, como outros poemas que viron a luz neste serie de manuscritos, ao libro A voz da auga (2010). Agradezo, novamente, a colaboración desinteresada que me prestou a profesora Mercedes Queixas para incorporar estes valiosos textos da escritora viguesa.


1 Comment

Os comentarios están pechados.