“Dise poeta, non poetisa”, un documental de Sofía Castañón

Sofía Castañón preparou un traballo audiovisual, polo que puiden ver suxestivo e clarificador, baixo o título “Se dice poeta.  Una mirada de género al panorama poético contemporáneo” onde, a través de diversas entrevistas a máis de unha vintena de poetas, entre as que se encontran Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa,  abordan diversas cuestións, entre elas o sexismo na literatura. O documental pre-estrearase o vindeiro 5 de agosto na Filmoteca Rafael Azcona de Logroño e teño para min que cumprirá atender á súa difusión (deixo abaixo dous teasers onde aparecen as dúas poetas galegas amentadas).