Manuscrito: Ramón Cabanillas

Sempre me seduciu a caligrafía, perfecta e clarísima, de Ramón Cabanillas. Descubrina con sorpresa nuns orixinais que se conservaban na marabillosa biblioteca do mosteiro de Poio, onde se depositaban algúns documentos do autor cambadés por mor da relación de amizade que mantivo con Rey Soto, quen cedeu parte da súa biblioteca ao devandito mosteiro. Sexa como for velaquí unha achega que reproduzo por cortesía da Fundación Penzol, rescatada do Arquivo Fernández del Riego: trátase do poema “O mar”, reproducido orixinalmente en Da miña zanfona (1954) pero que contén bastantes variantes como demostra que fora recollido en apéndices, tanto na edición de Alonso Montero (Obra completa (1979-81), vol. 2, Akal, pp. 128-129) como na de Xosé Mª Dobarro e X.R. Pena (Poesía galega completa, Xerais, 2009, pp. 1004-1005).


1 Comment

Os comentarios están pechados.