A casa de Mango Street (tradución de Alicia Meléndez)
Sushi Books, Cangas do Morrazo, 104 páxinas, 14 €
Sandra Cisneros, escritora magnética e formidable, constitúe unha das pezas fundamentais e máis salientables dunha literatura como é a chicana, marcada pola hibridación e a mestizaxe. Neste libro revélanos desde a perspectiva dunha adolescente, con aparente sinxeleza e contundente efectividade, as claves dun universo singular construído por secuencias narrativas que activan resortes de reacción diante da discriminación exercida cara a un colectivo, un xénero, unha clase social e unha identidade.
Esta recensión publicouse baixo o título de “Resortes de reacción” no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 11 de xullo de 2014.