Gaza

Malia ser este un blog de información literaria resulta imposible manterse impasible diante do xenocidio e o masacre que se está a producir en Gaza. Mentres só me vén á cabeza aplicar toda a dimensión semántica que encerra o termo “exterminio” ao que a poboación de Gaza está a sufrir, non perdo a esperanza de que  a crueza do recente asasinato de catro nenos que xogaban ao fútbol nunha praia, e que se vén engadir a ese saldo arrepiante de civís mortos,  sexa un elemento que achegue unha reflexión internacional sobre o conflito  e as súas consecuencias tan esgazadoras (o testemuño gráfico é do xornalista de NBC Noticias Ayman Mohyeldin, a nai dun dos nenos mortos ao coñecer a noticia).