Non temos medo, de Rodri Suárez

Rodri Suárez

Non temos medo

Nicetrip, 2014, 142 páxinas, 18 €

 

Subtitulada como “Historia oral de Os diplomáticos de Monte Alto” é esta unha coidada monografía que homenaxea o grupo coruñés e tamén os vinte anos que distan desde o nacemento da chamada “música bravú”. Rodri Suárez, empregando como método o da biografía oral -un recurso nada doado do que sae con éxito-, recolle testemuños como os ofrecen M. Rivas, F. Alonso, M. Viascón ou Xurxo Souto entre outras voces, deitando luz con transparencia sobre unha parte substancial do rock galego dos últimos anos.

Esta recensión publicouse baixo o título “Todo Os Diplomáticos”, nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 18 de xullo de 2014.