35 cabodano de Celso Emilio Ferreiro

Para estrear este novo sitio -grazas a blogaliza por acollerme tanto tempo-, no que se queredes me atoparedes desde agora, nada mellor que se lembrar de Celso Emilio Ferreiro no seu trinta e cinco cabodano.

       Velaí unhas ponlas de chorima, esa flor que máis lle prestaba e que nunca conseguiu que medrase no seu piso en Madrid, na súa memoria.

PD. O meu agradecemento a Lucía L. Bayo pola súa colaboración para este novo proxecto.