Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Maribel Longueira

 

Maribel Longueira

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– Extroversión.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A integridade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Confianza para contar conmigo e eu con eles.

4.– A súa principal eiva?

Dispersión, as veces é positiva pero outras é excesiva.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Tirar fotografías o mar.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Dar e recibir dende a tolerancia do outro.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Sentirme  fisicamente dependente.

8.– Que lle gustaría ser?

– Unha grande comunicadora.

9.– En que país desexaría vivir?

– Onde vivo, pero parte do inverno viaxar ao caloriño.

10.– A súa cor favorita?

– Do amarelo ao vermello  para mirar e negro para vestir.

11. – A flor que máis lle gusta?

– Sen lugar a dúbidas a papoula, pola súa cor e fraxilidade.

12.– O paxaro que prefire?

– Os mazaricos, gosto de  velos rebulir  polas orelas da Praia.

13.– A súa devoción na prosa?

– Non sabería dicir un.

14.– E na poesía?

– Miguel Hernández.

15.- Un libro?

Memorias de Adriano de Margarita Yourcernar, traducido por Cortázar.

16.– Un heroe de ficción?

– Hércules.

17.– Unha heroína?

Ariadna, sen o seu fío  Teseo non sairía do  labirinto.

18.– A súa música favorita?

– Jazz, son, habaneras…

19.– Na pintura?

– Marc Chagall, Picasso, Turner…

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Eva Veiga, pola súa capacidade de loitar pola vida, e estar para quen a precise.

21.– O seu nome favorito?

– Daniel, por eso o meu fillo chámase así.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– A mentira e máis se esta pretende obter beneficios de calquera  tipo.

23.– O que máis odia?

– Negar as evidencias e pretender seguir enganando.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Hitler, por incitar a cometer  atrocidades por unha idea.

25.– Un feito militar que admire?

– Pois, chegar a acordos sen ter que  ir a  batalla.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– Capacidade para tocar un instrumento, e ter un bo oído.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Tranquilamente.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– Optimista, especialmente se non leo os diarios.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

Os que non teñen maldade engadida.

30.– Un lema na súa vida?

– Logo da grisalla, sae o sol.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 5 Setembro 2014 por en Divulgación,Fotografía , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: