Unha rosa encarnada, de Robert Burns

Unha rosa encarnada

POESÍA * Robert Burns  * Tradución de Raúl Gómez Pato * Positivas *  104 páxinas * 10 euros

 

Robert Burns forma parte dese escolleito grupo de poetas que perduran no tempo e que seguen a escintilar hoxe con vigor. Confírmao esta infrecuente, atinada e plural escolla da súa poesía ofrecida en versión bilingüe, prologada, traducida e anotada con utilidade e rigor por outro poeta: Raúl Gómez Pato. Volver os ollos a Burns é reparar na vixencia dunha voz plural que reinterpretou o folclore, poetizou a paisaxe, cantou a vida cotiá, o sexo e as consecuencias da miseria, exhibindo ás veces unha feroz sátira.

 

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia o día 1 de agosto de 2014 baixo o título de “Burns antologado”.