Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Allen Ginsberg: un manuscrito, o cuestionario Proust e unha entrevista

Allen Ginsberg pasa por este blog con tres referencias que, ao meu xuízo, axudan a entender a dimensión persoal, e tamén literaria, deste autor de quen temos vertido ao galego Howl and Other Poems (1956, traducido por Daniel Salgado baixo o título de  Ouveo e outros poemas, Edicións Positivas, 2007). Tamén a Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe publicara a versión de Xoán Abeleira, con notas e comentarios, de “Ouveo I”, no número do 27 de agosto de 2009.

Velaquí, pois, un manuscrito, que se corresponde a uns apuntamentos que realizou poucos días antes de morrer  (vía OpenCulture, onde se incorpora a transcrición do manuscrito). Ademais, nesta ligazón pódense ler en inglés as súas respostas a un Cuestionario Proust -que me descubriu María do Cebreiro- e aquí a transcrición en portugués, e o vídeo orixinal  na parte final do apuntamento,  dunha extraordinaria entrevista realizada por Jeremy Isaacs para o programa “Face to Face” da BBC (1994). Recomendo visionar, á conclusión da entrevista, a Ginsberg recitar e interpretar “Father Death Blues”.

Things I'll Not Do

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 6 Setembro 2014 por en Divulgación,Literatura , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: