Ocupa a economía. Cuestionando o capitalismo, Richard Wolff conversa con David Barsamian

Ocupa a economía

ENSAIO * Richard Wolff – David Barsamian * Tradución de Ánxelo Gonzalves * Faktoría K de Libros * 184 páxinas * 12 euros

Un economista e mais un xornalista fronte a fronte poden deitar reflexións, recollidas nun libro como neste caso, que axudan a entender as orixes da crise sistémica que nos rodea e a tanxible e galopante desigualdade económica actual. Versión galega dun orixinal sen tradución a linguas próximas, o seu rexistro accesible e claro fai del unha lectura obrigada onde se atopan útiles interpretacións sobre o mal coñecido movemento “Ocupa Wall Street” ou se amosan algunhas posibles alternativas para o futuro.

Esta recensión, baixo o título de “Algunhas claves da crise”, publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia o 8 de agosto de 2014.