Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Yolanda López

Yolanda López

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A forza de vontade, o espíritu crítico, a paixón.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O bo corazón, a xenerosidade, a solidaridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Pois amizade: saber dar e saber recibir nos bos e nos malos momentos.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia, o mal xenio cando me faltan ao respecto.
5.– A súa ocupación favorita?
— Escribir poesía, pintar, ler coa “miña” música de fondo, fotografar ao aire libre, bailar.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Bañarme nun mar de estrelas, poder voar, ou ir de tapas/copas en soedade ou en compaña dos meus.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Agora mesmo, a morte da miña nai.
8.– Que lle gustaría ser?
– O que son e mellorar como persoa día a día.
9.– En que país desexaría vivir?
– Cada lugar onde vivín, vivo e vivirei enriquécenme como persoa, mais elixiría Galiza, Nueva Zelanda, Irlanda, Escocia, a Patagonia.
10.– A súa cor favorita?
– Cada cor ten o seu matiz, mais quedo co violeta polas súas connotacións sociais e pola súa forza visual.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A camelia, a rosa branca, a mapoula, a flor do toxo, do ameneiro, da cerdeira e a do tileiro.
12.– O paxaro que prefire?
– O gorrión, o corvo, o colibrí.
13.– A súa devoción na prosa?
– Virginia Woolf, Amelie Nothomb, Eudora Welty, Clarice Lispector, Elvira Lindo, María Zambrano, Begoña Caamaño, Ralph Ellison, Roberto Bolaño, Cortázar, Faulkner, Paul Auster, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Galeano, Edgar Allan Poe…
14.– E na poesía?
– Luísa Villalta, Rosalía de Castro, María Mariño, Chus Pato, Emma Pedreira, Álvarez Torneiro, Francisca Aguirre, Emily Brönte, Olga Orozco, Alejandra Pizarnik, Gioconda Belli, Maya Angelou, Miguel Hernández, Gamoneda …
15.- Un libro?
Los hijos de los días de Eduardo Galeano, Mujeres que corren con los lobos de Clarissa Pinkola Estés ou 2666 de Roberto Bolaño, por citar algúns.
16.– Un heroe de ficción?
– O Quixote, ou o protagonista anónimo da novela Invisible Man de Ralph Ellison.
17.– Unha heroína?
– Mafalda.
18.– A súa música favorita?
– Pock, punk, new age, blues, jazz, cantautor, country, oriental, celta.
19.– Na pintura?
– Frida Kahlo, Leonora Carrington, Georgia O’ Keeffe, Marc Chagall, Alfonso Costa, Rafael Úbeda, Alfonse Mucha, Munch, Van Gogh, Turner, Picasso, Odile Redon, Friedrich….
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
— Todas as persoas “anónimas” que loitan día a día por saír do pozo, da miseria, da inxustiza… ben, e permítome a licenza de citar a María Pita, Xohana de Arco, Rosa Parks, Nelson Mandela, Gandhi…
21.– O seu nome favorito?
– Gabriel, Rosalía, Anxo, Laura.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A falta de respecto, a intolerancia, a prepotencia, a hipocrisía.
23.– O que máis odia?
– A violencia machista, a dobre moral, o medo/covardía que son a orixe auténtica de todo mal social, o egoísmo, a envexa.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hoxe en día, os ditadores ou “enxeñeiros” financieros: os políticos e os banqueiros corruptos.
25.– Un feito militar que admire?
– Máis que militar, revolucións pacíficas como a das damas brancas de Liberia ou a revolucion dos cravos de Portugal.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Saber tocar o piano.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Dun ataque de risa rodeada dos meus seres queridos, ou amando, ou durmindo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Optimista crítica e escéptica…, e agora mesmo cabreada con esta ditadura oilgarca de mercado que nos asoballa.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Todos os que veñan da inocencia e a inxenuidade.
30.– Un lema na súa vida?
– Vive e deixa vivir.

Advertisements

Un comentario en “Cuestionario Proust: Yolanda López

  1. Marga do Val
    12 Setembro 2014

    Como outra moita xente… Temos o mesmo lema e neste caso, partillamos moitas autoras!!

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 12 Setembro 2014 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: