Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito

Contra a morte das linguas

ENSAIO * Miguel Moreira Barbeito *  Xerais *  320 páxinas * 22 euros

No campo dos libros sempre precisos que reflexionan sobre os idiomas, a súa vitalidade e saúde real, Moreira Barbeito ofrece aquí unha análise meritoria e lexible arredor da diminución da diversidade lingüística e da situación da lingua galega. Impregnada de carácter optimista, é quen de ofrecer alternativas, algo non doado nin sinxelo en contextos onde hai máis de unha lingua, e faise aplicando unha metodoloxía acaída que repara no concepto do dereito lingüístico e nos procesos de normalización.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 15 de agosto de 2014 baixo o título de “O tesouro da diversidade lingüística”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: