Vitaly Zhuravsky: un político no lixo

O deputado ucraíno do Partido de Economía e Desenvolvemento, Vitaly Zhuravsky, simbolizará, se cadra, toda unha metáfora da desafección social respecto dalgún dos representantes políticos mercé ás imaxes que revelan como foi depositado, por un grupo de manifestantes, nun colector de lixo á saída do Parlamento de Kiev.  Zhuravsky impulsara no seu día unha lei fortemente restritiva para os manifestantes que impón fortes multas por insultar ao goberno durante as protestas. Onte acabou no lixo.