Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Franz Kafka: “ler libros dos que mordan e aguilloen”

Na procura na rede doutro asunto que nada  tiña que ver con Kafka nin coa lectura,  descubrín  unha cita tirada dunha carta que Franz Kafka remitiu a Oskar Pollak no ano 1904, isto é, hai cento dez anos, e que ofrezo abaixo en lingua galega. As afirmacións que Kafka realiza neste parágrafo convéncenme da fantástica clarividencia do autor d´A metamorfose no que se refire aos posibles categorizacións de lecturas: nun libro non debe ser prioritaria a súa función balsámica ou evasiva, antes ben, un libro debe morder e aguilloar.

Penso que só debemos ler libros dos que mordan e aguilloen. Se o libro que estamos a ler non nos obriga a espertar como unha puñada no rostro,  para que molestarse en lelo? Para que nos faga felices, como di a túa carta? Meu deus, seriamos igualmente felices se non tiveramos ningún libro! Os libros que nos fagan felices poderiamos escribilos nós mesmos, se non nos quedase outro remedio. O que precisamos son libros que nos golpeen como unha desgraza dolorosa, como a morte de alguén a quen queriamos máis que a nós mesmos, libros que nos fagan sentirnos desterrados aos bosques máis remotos, lonxe de toda presenza humana, algo semellante  ao suicidio. Un libro debe ser o machado que rompa o mar xeado dentro de nós. Iso é o que penso.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 18 Setembro 2014 por en Divulgación,Literatura , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: