Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O sol do pasado, de Jorge Emilio Bóveda

O sol do pasado

NARRATIVA * Jorge Emilio Bóveda * Urco * 152 páxinas * 10 euros

Resulta dilatada a traxectoria de Jorge E. Bóveda como narrador abeirado, paréceme que con moita convicción e polo de agora bos resultados, ao xénero da ficción científica. Neste novo libro aborda o reto de ofrecerlle a un lectorado xuvenil unha narración suxestiva e de calidade que, abrazando ese xénero con fundamento –velaí o uso das tecnoloxías para viaxar no tempo, neste caso, cara atrás- sexa operativa para suturar contidos que exhÍben unha visión crítica, xustamente, dun tempo ben recoñecible.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia,  o 5 de setembro de 2014, baixo o título de “Un porvir que demanda pasado”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: