Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

EBA na Insua dos Poetas

Eduardo Blanco-Amor na Insua dos Poetas

ENSAIO-FOTOGRAFÍA * Fundación Insua dos Poetas * 56 páxinas * 100 exemplares en edición non venal

Editado requintadamente, este cartafol conmemorativo da VI Festa da Palabra celebrada na carballiñesa Insua dos Poetas, reivindica con xustiza a figura e mais a obra do gran Blanco-Amor: un cultivador da polifacecia creativa como poucos na nosa historia. Faino con exquisitez recorrendo a un monllo de imaxes rescatadas do fondal do tempo, reproducindo as cubertas dos seus libros e transmitindo a evocación sentida e sincera de González Tosar, Ferrín, Alonso Montero, Víctor F. Freixanes e Maribel Outeiriño.

Este texto publicouse baixo o título de “No 35 cabodano de Blanco-Amor” nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 22 de agosto de 2014.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: