Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Paco Souto

 

Paco Souto

1.– Principal trazo do seu carácter?

– Adaptabilidade.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A sinceridade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-Que non teñan un coitelo afiado nas costas.

4.– A súa principal eiva?

– A dispersión.

5.– A súa ocupación favorita?

– A pesca.

6.– O seu ideal de felicidade?

– Traballar para que ninguén pase fame tamén de xustiza.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Morrer? Game over.

8.– Que lle gustaría ser?

– Ser humano.

9.– En que país desexaría vivir?

– Na Galiza.

10.– A súa cor favorita?

– Azul azul cobalto que diria Estevo Creus.

11– A flor que máis lle gusta?

– A da laranxeira.

12.– O paxaro que prefire?

– Un arao.

13.– A súa devoción na prosa?

– Esa chica… Sara Mago. Tamén Galeano e Sampedro.

14.– E na poesía?

– O Lorca de Poeta en Nueva York.  Avilés.

15.- Un libro?

– Tres que son cinco: Poeta en Nueva York. Cantos Caucanos. Memoria del fuego.

16.– Un heroe de ficción?

– Ulises.

17.– Unha heroína?

-Maria Balteira.

18.– A súa música favorita?

O jazz. Morro por un trio de piano, contrabaixo e bateria. Sobre todo se está ao piano Bill Evans ou Monk. Claro que tampouco me disgusta o piano solo do Köln Koncert de Jarret ou o sexteto que gravou o Kind of blue de Miles.

19.– Na pintura?

-Tantos! Goya, Klimt, Munch, Pollock, Kandinski. Fiquei fascinado da expo de Ana Mendieta no CGAC. Tamén lembro como se fora hoxe cando de novo entrei nas covas de Altamira…

20.– Un heroe ou heroína na vida real?

-Sampedro pola coherencia. A xente do común que traballou arreo e non aparece como resposta de ningún cuestionario Proust. Meus pais.

21.– O seu nome favorito?

-Alba.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– A hipocrisía.

23.– O que máis odia?

– A impunidade.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Ese bo e xeneroso… Manuel Fraga. Por estar próximo que a historia é moi grande e hai moito onde sachar.

25.– Un feito militar que admire?

– A música militar nunca me soubo levantar… se acaso a revolución dos cravos claro que se pegaron poucos tiros. As loitas pola independencia: Cuba, India.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– O da ubicuidade… estamos en camino.

27–. De que maneira lle gustaría morrer?

– Suicidado. Digoo por aquelo de sermos donos do destino até as últimas consecuencias.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– O optimismo comedido.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– O despiste. Pero non o do que che pasa por riba porque non mira máis que para o seu cu.

30.– Un lema na súa vida?

– Pola boca morre o peixe.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 1 Outubro 2014 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: