“A lectura é para a mente o que o exercicio para o corpo”, dixo Joseph Addison hai ben de anos. Apunto esta cita inicial para me referir, ao fío do que dicía hai pouco neste blog sobre os antecedentes dos gifs, á rendibilidade que estas imaxes en movemento poden presentar no ámbito didáctico. Velaquí unha limitada escolla deles que ben se poden articular como alicerces desde os que abordar prácticas escritas arredor do mundo do libro e da lectura, sen esquecer esoutra dimensión que os une co cinema ou as series televisivas, cos guións cinematográficos e coas mensaxes que, en última instancia, estes gifs poden deixarnos. Haberá máis.

1 Comment
Os comentarios están pechados.