Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Literarte: recoñecementos brasileiros á cultura galega

Literarte é unha asociación internacional de escritores e artistas que posúe sede oficial en Cabo Frio, no estado de Rio de Janeiro. Representada por  Mauro Jorge Silva e Sousa, conselleiro da asociación, e mais por Isabelle Valladares, presidenta da mesma, Literarte articulou un desembarco europeo onde contemplan a realización dunha serie de actos que están xa a desenvolver en  Lisboa e proximamente no Porto, Viana do Castelo e  Frankfurt.

               Neste percorrido, o vindeiro venres día 10 de outubro celebrarán unha “tomada de posse”, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, ás 20:30, no que a entidade dará a coñecer as súas actividades e propósitos ademais de recoñecer diversas achegas á cultura galega realizadas tanto por algunhas institucións, plataformas ou empresas culturais  como por un grupo de diverso de persoas que traballan en ámbitos como a creación literaria, o activismo social, a edición, a música, as artes plásticas, a divulgación ou a comunicación,  como son  Uxía, Leandro Lamas, David Pintor, a Academia Galega da Língua Portuguesa, Teresa Moure,  María Reimóndez, a Livraria Ciranda, Manuel Bragado,  Carme Vidal, A Sega, o sección de Cultura de El Correo Galego,  a Livraria Pedreira,  a Real Academia Galega, Guadi Galego e Clave de Fado. Será un pracer para min gozar de tan fantástica compañía ese serán. Obrigadíssimo.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: