Os booktuber

Visito con certa frecuencia o Mouleskine literario, ese sempre interesante blog de Ivan Thays. Tras un mes de moito traballo no que non tiven vagar para navegar pola rede, un rechío de Fran Alonso fixo que volvese entrar naquel blog e accedese á información sobre un fenómeno que descoñecía, isto é, os booktuber, blogueiros en vídeo ou tamén chamados vloggers que, diante dunha cámara, expoñen as súas opinión e comentarios sobre lecturas e libros. Estes vloggers contribúen, á súa maneira, a manter aceso o facho do interese pola lectura e polo libro con outras linguaxes que ao meu entender sempre suman e que contan cun número pasmoso de subscritores nos seus canais de YouTube.

    Alén de coñecer quen é Javier Ruescas, interesáronme as visións dunha moza galega –Señorita Bones– que expón una lectura crítica sobre 50 sombras de Grey e, sobre todo, de Sebas G. Mouret, de quen atopei estes comentarios sobre Arraianos e Made in Galiza que deixo aquí abaixo.