Cuestionario Proust: David Pintor

David Pintor

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A constancia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A xenerosidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que me perdoen os meus defectos.
4.– A súa principal eiva?
– A cabezonería.
5.– A súa ocupación favorita?
– Intentar gozar da vida.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Nunha praia deserta, ao solpor, coa persoa amada.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Ver sufrir á xenté que me importa.
8.– Que lle gustaría ser?
– Un paxaro.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Australia.
10.– A súa cor favorita?
– O azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
– O xirasol.
12.– O paxaro que prefire?
– O pelicano.
13.– A súa devoción na prosa?
– Cortázar.
14.– E na poesía?
– Celso Emilio Ferreiro.
15.–  Un libro?
Greguerías, de Ramón Gómez de la Serna.
16.– Un heroe de ficción?
– Charlot.
17.– Unha heroína?
– Mafalda.
18.– A súa música favorita?
– A bossa nova.
19.– Na pintura?
– Matisse.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Allende.
21.– O seu nome favorito?
– Eva.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A impuntualidade.
23.– O que máis odia?
– A violencia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O da música.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen dor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– A cusiosidade.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os derivados do enamoramento.
30.– Un lema na súa vida?
– Intentar non facer dano a ninguén.