Un xuízo oral (“bilingüe”) nunha vila galega no outono de 1942, de Xesús Alonso Montero

Teatro * Xesús Alonso Montero * Edicións Fervenza * 18 páxinas * 4 euros

 

A colección “A pinguela” de teatro escolar, que acolle Edicións Fervenza desde hai tempo, incorpora unha peza dramática singular, tanto porque supón a feliz estrea de Xesús Alonso Montero no xénero como pola súa temática, que recrea e disecciona a realidade lingüística e social da posguerra en base a unha suposta agresión dun xornaleiro a un “señorito” e que quere castigarse exemplarmente. De aí derívanse actitudes diglósicas e clasistas onde a lingua se desvela como clave determinante no argumento.

Esta recensión publicouse no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 29 de agosto de 2014, baixo o título de “Teatro instrutivo”.