Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía de Castro, de Anxo Angueira

Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía de Castro

 

 

Ensaio *  Anxo Angueira * Frank & Timme * 208 páxinas * 39,80 euros

 

Nunha fase un tanto erma para os estudos historiográficos da nosa literatura agradécese esta achega do profesor Angueira pois nela analiza e cuestiona, desde a instancia da investigación, aquelas lecturas que se fixeron ata hoxe do Coloquio de 24 galegos rústicos (1746) de Martín Sarmiento. Ademais propón, con argumentos dificilmente rebatibles, modificar a periodización que se fai ata agora do Rexurdimento, reclamando o papel fundamental e fundacional do devandito libro. Teño para min que non lle falta razón.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 3 de outubro de 2014, baixo o título de “Achega innovadora para o noso Rexurdimento”.