Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Manuel Lugrís Freire

Retorna ao blog Manuel Lugrís Freire e faino cun manuscrito depositado nos Fondos Especiais do Arquivo Fernández del Riego, custodiado na Fundación Penzol. Trátase dunha mostra que forma parte dun conxunto de manuscritos soltos conservados do que semella, ao meu ver, un conxunto de cantigas de xorne popular que, ata onde eu sei, non chegou a publicar en forma de libro independente e que transcribo abaixo. O meu agradecemento, unha vez máis, á Fundación Penzol.

 

 

10

Dormidiño no meu leito

soñando en miña ventura,

unha pulga doume un couce

guindoume na sepultura.

11

Dixeches que non tês cruz

para rezal-o rosario;

cásate, miña meniña,

e terás crus e calvario.

12

Chamoume un mozo bonita;

¡nunca, por Dios, m´o chamara!

Quen dendestonces sosego

non vexo na miña yalma.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: