Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Aos bos e xenerosos, de Lois Antón

Lois Antón

Aos bos e xenerosos

Edizer / Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás * 188 páxinas * 12 euros

 

 

Non é a vez primeira que me refiro aquí á actividade literaria do fistor da Terra de Celanova chamado Lois Antón. Labrego e emigrante, autodidacta e poeta comprometido, atesoura nestas páxinas unha verdadeira memoria de vida, limpa e escintilante, popular e transparente, que ten como eixe central, alén das experiencias vividas, a cuestión identitaria a través da homenaxe que rende a voces claves na nosa historia e a aqueloutras silandeiras ou anónimas cuxos exemplos se prefiguran como modelos a imitar.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 10 de outubro de 2014, baixo o título de “Memoria de vida”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: