Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Pasen e miren, de María Canosa e Dani Padrón

María Canosa e Dani Padrón

Pasen e miren

Bululú, A Coruña, 36 páxinas, 13 €

 

 

Nestes tempos nos que o circo tradicional semella alentar tan só na evocación das persoas de certa idade, este Pasen e miren, susbscrito por ese sólido tándem creativo conformado por María Canosa e Dani Padrón e editado por Bululú, ofrece a quen se queira achegar a el un verdadeiro espectáculo que, de maneira sinxela e efectiva, permite desvelar con fluidez as presenzas  que adoitaban darlle vida ao escenario do circo tradicional mais subvertendo, a través do enxeño e a fantasía, eses perfís deses protagonistas canónicos do espectáculo.

        Velaí, así pois, mercé unha voz narrativa que adquire en ocasións tintes parateatrais, a presenza de Amelia, unha xirafa-presentadora que actúa de eixe arredor do que se articula o desfile de todos os personaxes que teñen vida propia, con cadansúa singularidade a xeito de breve e celmosa semblanzas: dous monos, irmáns xemelgos, que nunca pisan a area do circo; Berta,  que tan delgada e longa que é pode dar viravoltas sobre ela mesma; un león vexetariano; un elefante elegante; un prudentísimo home-bala ou tres tristes tigres que se moven como monicreques…, aos que engadir magos, levantadores de pesas, equilibristas, malabistas ou zancudos.

    Suxestiva proposta literaria esta de María Canosa e non menos atractiva lectura visual de Dani Padrón, ao que sei punto de partida deste proxecto. Os meus parabéns.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: