Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Memoria gráfica (vinte anos atrás)

Un dos felices “efectos colaterais” que me regalou a miña participación na última edición dos Premios da Crítica Galicia 2014 supuxo compartir mesa e mantel con persoas que aprecio e, se se me permite singularizar, cun amigo de vello como é Xosé Carlos López Bernárdez. A conversa derivou, indefectiblemente, polo ámbito das evocacións e das experiencias común e, entre elas, destacamos aquela que hai vinte anos -en novembro de 1994- nos fixo coincidir en Vitoria-Gasteiz ao fío dun Galeusca e ao que asistimos convidados pola AELG. Nunha tarde libre un grupo de persoas decidimos alugar un coche e desprazarnos a Donostia e velaquí a saudosa memoria gráfica daquel día, que ambos os dous evocabamos con alegría e que eu extraviara. Carlos é moito máis organizado ca min  e cumpriu a palabra que me deu de enviarma. Ao fío desta memoria fotográfica en breves datas comezará neste blog un novo proxecto da man de Anxo Cabada e dalgunhas voces creadoras, en principio viguesas (na foto, de esquerda a dereita: X.R. Pena, Xosé Carlos López Bernárdez, Luísa Villalta e, á miña dereita, Xavier Alcalá).

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: