Con Anamnese, de Eli Ríos, en Andel Libraría

Malia o  adverso das condicións metereolóxicas do pasado xoves -eu non lembro un día en Vigo que os ballóns de auga fosen tan continuos e persistentes- foi un pracer acompañar a Eli Ríos na presentación de Anamnese, premio Lueiro Rey de poesía o ano pasado. Gustoume porque dalgún xeito Eli Ríos subverteu, asisada e conscientemente,  a dinámica habitual das presentacións ao converterse en presentadora de quen exerciamos de presentadores. Agradoume oír o punto de vista de José Luís López, un lector de poesía enxeñoso, perspicaz e aleuto e, por suposto, a intervención de Eli ao final do acto que, con palabras xustas, trazou as liñas-eixe máis esenciais do seu libro.

        Foi unha idea magnífica que a poeta convidara a xuntarse na mesa a Carmen Carreiro -alma máter do premio Lueiro de poesía que co-organiza desde a Asociación de Vecinos Cruceiro da Laxe de Fornelos de Montes e o propio Concello- e mais a propia Marieta Lueiro, filla do poeta, que manifestou algo que a todas as persoas presentes nos conmoveu: nunca puido ler nada de seu pai ata ben pasado tempo desde a súa morte…, pero agora que é quen de lelo oe a súa voz. Foi un broche extraordinario a un serán memorable e divertido, acollidos nesa casa tan garimosa que é Andel Libraría. Seguimos na “causa Lueiro”, agora  da man da poesía que hoxe se escribe e publica.

2 Comments

  1. Para os que militamos na retaguardia da república das letras…o mellor que nos pode pasar…é que te conviden a sentarte nunha mesa, e dende a cadeira que che tocou…e sentir de perto aos actores/autores. Si Eduardo Blanco Amor, -como xa contei- tras deixar no Hotel onde vivía en Ourense, a súa novela Los Miedos, para que a asinara…e non viñera con ela entre as mans agarimosamente…perguntando por min, e na miña oficiña,para entragarmea persoalmente…Nada houbera sido igual, ainda que eu leera toda a súa produccion. Si Eli Ríos…cando eu pasaba pola caseta de Andel, na Feira do Libro de Vigo en Maio…Non saira abordarme e a poñerse a falar dos seus poemarios…Probabelmente,,,eu non coñecería ao completo a súa poesía…Pero, si cando un despistado lector…se achega e follea a obra dun autor, e iste mostra indiferencia, ponse a falar cos seus disimulando, ou ben decides timidamente. que vale que cha firme e tal…E che empeza a perorar de que en Galiza, se lé ren…e que está disgustado ca resposta da cidade a sua obra…eu sospeito que non se atopa na realidade e que cecais a súa obra alberga dúbidas…Igual que na miña profesión, cando certos colegas me dín que Galiza a tiñamos que vender como Benidorm…é decir a tope…Lembrome daquelo, penso que unamuniano: ” ¡ Non, eso !, Non é eso!. ou de Baroja:” El mundo es ansí.” O importante é que os que estuvemos na Andel…nos instalamos no IN, que non no OUT.

Os comentarios están pechados.