Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A raíña de Turnedó, de Gloria Sánchez e Pablo Otero

 A raíña de Turnedó

Gloria Sánchez  e  Pablo Otero (ilustracións), Kalandraka, 68 páxinas, 14 euros

 

Oportuna reedición dun libro que me parece concibido como unha limpísima homenaxe á tradición oral, sabiamente enguedellada no ronsel do lirismo e da expresión parateatral, obtendo por xunto un resultado fantástico. Abeirándose en ocasións ao nonsense, Gloria Sánchez deita ás mancheas simpatía e humor e, tras gañar por méritos propios a complicidade de quen le, esixe felizmente a súa participación activa e mesmo creativa. A lectura gráfica de Pablo Otero, sen dúbida, máis que acaída resulta sensacional.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, baixo o título de “A reedición dun clásico”, o 17 de outubro de 2014.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: