Raras miniaturas medievais

Respondía onte Carlos Callón á cuestión da pintura favorita que inquire o Cuestionario Proust apuntando que podía “pasar horas mirando reproducións de miniaturas medievais”. Desde hai algún tempo comparto esta afección e teño para min que os manuscritos iluminados da Idade Media e do Renacemento atesouran verdadeiras sorpresas que foxen das ideas preconcibidas que destes se poden ter. Deixo aquí tres mostras que saen fóra do máis ortodoxo, como a que escollín para a imaxe de inicio deste apuntamento, tirada da Histoire de Merlin (Poitiers, 1450-1455) e que reflicte a concepción de Merlín.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.