2 Comments

  1. Non son quen de escoitalos falar e que os pelos non se me poñan tesos coma talos de millo. Non son quen de velos e non lembrar a brisa asubiando entre os piñeiros e a morna luz da lúa lambendo o maino horizonte da praia da Torre. Alédame ver aos meus paisanos de Rianxo botar peito e falar ao mundo, a ese mundo perdido e asolagado pola teima de institucionalo todo, de academizalo todo, cando non é mundo dabondo para defender a nosa lingua e facer que os demais nos miren e nos escoiten con respecto. Amo esa fala que me falou a miña avoa, a miña nai e que sempre escoitei falar no berce de Castelao. Sempre que me preguntan de onde son, digo que de Taraghoña e, por suposto, de Galiza.

Os comentarios están pechados.