Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Anamnese, de Eli Ríos

Anamnese

POESÍA * Eli Ríos * Sotelo Blanco * 80 páxinas * 6 euros

Honrouse a memoria de Lueiro Rey desde Fornelos ao galardoar este libro na segunda convocatoria do seu premio poético. Eli Ríos mergúllase con convicción no manantío da memoria, na reminiscencia ou nos pousos que dela quedan, para bater coa realidade, diseccionala e reflexionar tamén sobre o fluír do río que é o tempo. Faino usando o diálogo, cun peso narrativo substancial, para deseñar unha viaxe con seis poliédricas singraduras que demandan achegarse a elas activamente. Convido a coñecelas e a coñecerse a través do que suxiren.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 24 de outubro de 2014.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: