Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Carlos López

Carlos López

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A emotividade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade.
4.– A súa principal eiva?
-A impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
-A paz interior.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Perder os seres queridos.
8.– Que lle gustaría ser?
-Músico.
9.– En que país desexaría vivir?
-No que vivo.
10.– A súa cor favorita?
-O azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A violeta.
12.– O paxaro que prefire?
-O paporrubio.
13.– A súa devoción na prosa?
-Cunqueiro.
14.– E na poesía?
-Neruda.
15.- Un libro?
Cen anos de soidade.
16.– Un heroe de ficción?
-O barón rampante.
17.– Unha heroína?
-Sherezade.
18.– A súa música favorita?
-A clásica.
19.– Na pintura?
-Chagall.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-O heroe anónimo.
21.– O seu nome favorito?
-Martina.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A maledicencia.
23.– O que máis odia?
-A soberbia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
-A sinatura da fin das hostilidades.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O da ecuanimidade.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Pracenteiramente.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Pensativo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que non causan perxuízo aos demais.
30.– Un lema na súa vida?
-Vive.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 27 Outubro 2014 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: