Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Tecía palabras (para Begoña Caamaño)

Disque Penélope tecía e destecía. Begoña Caamaño, nun momento dado, decidiu asumir un reto: tecer palabras para construír un marabilloso tapiz, rabenado dolorosamente onte, que escintila en Circe ou o pracer do azul (2009) e mais en Morgana en Esmelle (2012). Neles transparéntase a autora: a súa alegría, a súa vontade de transgredir os mitos e peneiralos cun cribo feminista; neles repousa aquilo no que acreditaba, o que amaba e detestaba; nesas palabras que teceu como unha nova Penélope latexa a súa bondade e o seu sorriso tan inesquecible. Con elas gañou un espazo único e perdurable para a literatura, para nós.

(En lembranza de Begoña Caamaño. Tamén publicado nas páxinas de La Voz de Galicia, o 28 de outubro de 2014)

Advertisements

2 comentarios en “Tecía palabras (para Begoña Caamaño)

  1. An Alfaya
    28 Outubro 2014

    Compartín contigo adolescencia no Coia 2, e xa daquela eras distinta, loitadora, comprometida, tenaz. Fixemos xuntas maxisterio e mantiveches dentro e fóra das aulas o teu espírito crítico e transgresor. Nunca chegamos a ser amigas íntimas, senón compañeiras, pero eu sempre te admirei. A túa literatura, escrita coa alma e coa razón das sabias, deixan a pegada da que es, da que sempres serás: unha muller que levaba dentro unha revolución. Begoña. Estou tristítisma. An

    • Ramón Nicolás
      28 Outubro 2014

      Moitas grazas, An, pola sinceridade e a emoción.

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: