Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega, de Ana Acuña (ed.)

Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega 

ENSAIO * Ana Acuña (ed.) * Frank & Timme * 230 páxinas * 34,80 euros

 

Da man dun conxunto de ensaístas, coa profesora Ana Acuña como editora, chega este rigoroso ensaio que non dubido en cualificar como espléndido por orixinal, altamente informativo e clarificador. Nel abórdanse cuestións escasamente tratadas até o de agora como as claves literarias que latexan na construción da identidade, as relacións entre as orixes e os espazos de chegada, os factores salientables de ideación e composición dos documentos persoais e as formas que adquiren as representacións da memoria nas escritoras galegas.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 7 de novembro de 2014, baixo o título de “Precisa análise literaria”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: