Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Matriarcas, de Guadi Galego

A través dun rechío de Agustín Fernández Paz chego ao videoclip tirado do que será o novo disco de Guadi Galego, titulado “Lúas de outubro e agosto”, que se porá á venda a partir do 25 de novembro deste mesmo ano. Non podo resistir traelo aquí pois  a cantante constrúe en “Matriarcas” unha peza maxistral, un verdadeiro himno que ha perdurar no tempo, cheo de emoción nesa convocatoria que fai á memoria e á presenza das mulleres, cunha dedicatoria explícita a Begoña Caamaño.

      Moitos parabéns a Guadi Galego que,  neste traballo audiviosual, ofrece asemade unha auténtica exquisitez a cargo de Karlos Abal (máis información neste artigo de Carme Vidal en Sermos Galiza).

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: