Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Xavier Queipo: O recanto das horas (II)

 

"Fontaíña". Foto de Anxo Cabada.

“Fontaíña”. Foto de Anxo Cabada.

O recanto das horas é un proxecto que pretende aunar un texto literario creado ad hoc para esta sección, centrado naquelas evocacións que un espazo determinado xera nunha escritora ou escritor galego, e que se acompaña dunha fotografía, tamén realizada ad hoc,  por Anxo Cabada.

Haikus mariños

I

Sempre na proa

Perseguindo escumas

Os arroaces!

II

A ritmo febril

Danzan con tentáculos

Loucas medusas

III

Entre as rochas

A nécora procura

Sendas estrañas

IV

Vertendo tinta

Mestre en camuflaxe

O choco fuxe

V

Ollos de fóra

Agóchase o linguado

Medo no corpo!

VI

Nubes de prata

En cardumes nerviosos

Os bocareus

VII

Nadan e voan

A intervalos breves

Os estorniños![1]

VIII

Prados de coral

Saíndo do seu tobo

O congro fero!

Xavier Queipo

[1] Non me refiro aquí aos paxaros chamados “estorniños”, senón a unha das denominacións en galego de Scomber japonicus, a rincha, que en troques de ter riscas averdazadas e negras nos costados como a xarda (Scomber scombrus), ten puntos escuros.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: