Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Con “CaRA inversa”, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos, en Vigo

Asistín onte á presentación de CaRa inversa, editado por Libros da Frouma, que se desenvolveu na Casa do Libro de Vigo. Un acto que debería servir para divulgar, como ben merece, a publicación dun libro realmente singular do que me ocuparei máis polo miúdo en poucas datas.

    Tras as palabras limiares de Carlos L. Bernárdez, que tamén participa no volume cun suxestivo ensaio sobre o significado do libro na traxectoria de ambos os autores, quen subliñou a orixinalidade do proxecto que aúna o literario e o artístico, alén de evocar o significado do diálogo que se establece das obras entre si, Baldo Ramos e Pepe Cáccamo deluvaron algunhas das claves de CaRa inversa. Quedo coa afirmación do primeiro de que este é un “libro de libros”, un espazo no que habita “a palabra desde a materia que usa o artista”; tamén co proceso de xestación do libro e o que supuxo como diálogo interxeracional e interxenérico desde a perspectiva de Pepe Cáccamo.

   Houbo, por fin, lugar para o recitado dun feixe de poemas e tamén para salientar, desde a gratitude, a estimable colaboración fotográfica que vén da man Anxo Cabada para este libro. Particularmente agradezo, asemade, a atención das dedicatorias dos autores, tamén amigos. Beizón.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: