Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Ícaro, de Federico Delicado

Ícaro

Federico Delicado * Tradución Manuela Rodríguez * Kalandraka * 40 páxinas * 15 euros

Galardoado co VII Premio Internacional Compostela Ícaro convida, con sutileza e efectividade, a percorrer esa distancia que media entre a fantasía e a realidade a través de diversos, e sempre activos, niveis de lectura. O desasosego que xera o contraste entre o común transformado en extraordinario repousa na historia contada, tamén naquilo que se obvia e, xaora, nun corpo de ilustracións que se perfilan cunha potencialidade narrativa inusual. Ícaro concentra un inequívoco convite para comezar o voo: é cousa de deixarse levar.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, baixo o título de “Comezar o voo”, o 14 de novembro de 2014.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: