Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Máis miniaturas medievais

Hai algún tempo incorporei un apuntamento no que me detiña nalgunhas miniaturas medievais. Centro hoxe este na reprodución doutras que teñen como núcleo común o sexo en diversas formulacións, algunhas delas sorprendentes como a da imaxe da páxina de inicio: unhas monxas colleitando froitos da chamada “árbore dos penes”   (tirado do Roman de la Rose, século XIV). Abaixo, por esta orde, a que se corresponde a un frade lascivo (tirado do Libro das Horas, concretamente a páxina dun calendario do mes de decembro, Nantes, século XV); a concepción de Alexandre Magno (tirado de Les faize d’Alexandre , Bruxas, ca. 1468-1475) e un kamasutra medieval (tirado doutro Libro das Horas, Francia, século XV).

 

tumblr_m6yif5OuHz1rqxd5ko1_1280

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Novembro 2014 por en Divulgación,Libro medieval .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: